Vostede está aquí

'Bicos con lingua' e 'Pelos na lingua' para escolares

  • 'Bicos con lingua' e 'Pelos na lingua' para escolares - Talia teatro - 541

Como cada ano, temos unha cita cos centros de ensino de secundaria de Galicia. Desta volta, o encontro será no mes de outubro, o martes 24 e mércores 25, e representaremos os espectáculos ‘Bicos con lingua e ‘Pelos na lingua’, respectivamente. Cada día terán lugar dúas representacións, ás 10.30 h. e 12.00 h. e levaranse a cabo no Salón Teatro de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 34). Dous espectáculos que divertirán e invitarán á reflexión do alumnado sobre a situación da lingua galega.
O prezo da entrada é de 4,00 € e baixo reserva no teléfono 981 943 242.
Tamén existe a posibilidade de organizar representacións nos centro de ensino ou noutras localidades. Se vos interesa podedes consultar, no mesmo teléfono, datas dispoñibles da compañía e prezos.

Categoría: 

Engadir un novo comentario