Vostede está aquí

Empezamos cos ensaios de O SERVIDOR DE DOUS AMOS

  • Empezamos cos ensaios de O SERVIDOR DE DOUS AMOS - Talia teatro - 541

·         O servidor de dous amos estrearase o 14 de febreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

·         Trátase dunha versión de Diego Rey, que el mesmo dirixe.

·        Forman parte do elenco: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez,  Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo

Xa estamos en marcha coa produción do noso próximo espectáculo. Trátase dunha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos máis relevantes da historia do teatro.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico.  Os contratos matrimoniais son substituídos por contratos urbanísticos, nobres e mandatarios trocan en empresarios e políticos,... A vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Con esta montaxe, na que apostamos de novo polo gran formato,  participará o elenco ao completo de Talía Teatro. Tamén contaremos con colaboradores como Diego Valeiras que se encargará do deseño gráfico e de escenografía. Martina Cambeiro e Rubén Prieto, tamén habituais nas producións da compañía,  realizarán o deseño de vestiario, maquillaxe e a fotografía do espectáculo, respectivamente.  Auri Ferreiro e Artur Trillo encargaranse da produción e distribución do espectáculo.

O servidor de dous amos conta con axuda á produción da Axencia Galega de Artes escénicas e musicais da Xunta de Galicia.

Categoría: 

Engadir un novo comentario