Vostede está aquí

Empezamos o curso!!

Como xa vén sendo habitual cada ano, nos meses de outubro e novembro, damos comezo aos cursos de teatro das escolas municipais.
Este ano, os nosos monitores e monitoras de teatro: María Ordóñez, Toño Casais, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Lado e Xurxo Barcala impartirán as súas clases en Rois, Corcubión, Cee, Vimianzo, Dumbría, Muxía, Ames e Fisterra.
Se queres introducirte no mundo do teatro ou ben queres adquirir unha serie de habilidades sociais e comunicativas para o teu día a día, podes contactar cos departamentos de cultura destes concellos e ver os requisitos de cada curso. Para nós o importante é que o pases ben.
Agardámoste!!

Categoría: 

Engadir un novo comentario