Vostede está aquí

Os días 1, 2 e 3 de decembro celebramos CULTURGAL

  • Os días 1, 2 e 3 de decembro celebramos CULTURGAL - Talia teatro - 547

Un ano máis, e xa perdemos a conta, estaremos presentes na Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 1, 2 e 3 de decembro.
A pesar da nosa axenda, xa que estaremos de xira con Ubú Rei o venres 1 no Auditorio Municipal de Ribeira e o sábado 2 no Auditorio Municipal de Padrón, contaremos cun stand na feira, onde informaremos ás persoas interesadas da actividade da compañía. Se queres coñecer a nosa actividade, agardámoste no stand nº 66.
Ademais como compañía asociada a Escena Galega, participaremos nas xornadas profesionais organizadas por esta arredor das posibilidades de circulación escénica entre Galicia e Portugal.

Engadir un novo comentario