Vostede está aquí

Talía participa un ano máis no Culturgal

  • Talía participa un ano máis no Culturgal - Talia teatro - 483

Talía Teatro asiste un ano máis ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, que terá lugar no Pazo de Cultura de Pontevedra os días 2, 3 e 4 de decembro.  Organiza o evento, que contará coa participación de 99 empresas culturais de Galicia, a asociación Culturgal, da que forman parte catro asociacións profesionais –Escena Galega, Eganet, Asociación Galega de Produtoras Independentes e Asociación Galega de Empresas Musicais– e conta co apoio da Consellería de Cultura e Educación, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial.

En total Serán máis de 100 actividades, tanto profesionais como para o público xeral, a través das que se buscará dar conta do dinamismo deste sector en Galicia, así como dos novos xeitos de traballo en comunidade en diferentes ámbitos artísticos.

Talía Teatro estará presente no stand 65 da feira, a través do cal informará aos asistentes dos seus últimos espectáculos en xira. Ademáis, dará a coñecer a súa nova páxina web e redes sociais entre os visitantes, para os que terá preparado máis dunha sorpresa.  

Máis información:
Sobre o Culturgal

Engadir un novo comentario