Vostede está aquí

Talía Participa no ciclo "12 doces de outono" co seu espectáculo "Rosa caramelo e outras historias"

Talía Teatro presentará o próximo domingo 27 de novembro o seu espectáculo infantil “Rosa Caramelo e outras historias” no Centro Sociocultural de Laraño ás 18 h.

A representación enmárcase dentro do programa “12 doces de outono”, promovido pola concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela a través da rede de Centros Socioculturais.O ciclo, que mistura teatro e gastronomía, chegará a doce centros socioculturais de Compostela nos domingos de novembro.

Cada centro acollerá un espectáculo escénico pensado para o público familiar e adaptado ás características dos centros socioculturais. Ao seu remate, os veciños e veciñas poderán desfrutar activamente da proposta, compartindo receitas e os doces máis típicos destas datas, feitos en obradoiros previos.A participación no programa é de balde, só condicionada á capacidade das salas dos centros socioculturais.

Engadir un novo comentario