Vostede está aquí

Talía participa no Galicia Escena PRO coa súa última obra “Ubú Rei”

  • Talía participa no Galicia Escena PRO coa súa última obra “Ubú Rei” - Talia teatro - 533
A quinta edición de Galicia Escena PRO, o mercado de artes escénicas que organiza a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), deu comezo hoxe en Santiago de Compostela coa participación de máis de 160 profesionais de Galicia e do resto da Península Ibérica. O eixo central do evento é o seu programa de exhibición de 19 espectáculos, dentro do cal, as persoas inscritas e o público xeral terán a posibilidade de ver propostas de teatro e de maxia para todos os públicos do 12 ao 15 de xuño. 
Talía Teatro presentará no marco do festival a súa última obra, “Ubú Rei”, que levará ao Teatro Principal de Compostela o xoves 15 de xuño ás 19:30 h. 
 
A feira galega das artes escénicas
Galicia Escena PRO (GEP) é o mercado galego das artes escénicas que cada ano organiza en Santiago de Compostela a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A través dunha escolma de espectáculos de recente produción e dun programa de actividades paralelas, esta iniciativa tómalle o pulso á actualidade do sector en Galicia. Ao tempo, bríndalles aos seus profesionais unha plataforma desde a que expoñer os seus novos traballos diante do público xeral e dos programadores e demais axentes culturais.
 
Más información:
 

Engadir un novo comentario