Vostede está aquí

Talía participará nos Encontros TE VEO de Valladolid coa súa obra “Rosa Caramelo e outras historias”

  • Talía participará nos Encontros TE VEO de Valladolid coa súa obra “Rosa Caramelo e outras historias” - Talia teatro - 479
Talía Teatro viaxará o próximo domingo día 20 ata Valladolid para participar na XVIII edición dos Encontros TE VEO, que terán lugar do 16 ao 20 de novembro no Teatro Calderón. Unha mostra teatral que este ano ten como obxectivo dar visibilidade a muller na escena e ao seu papel na educación e na arte. Deste xeito, a presente edición achegará o teatro, a danza e a música aos máis cativos da man de diferentes compañías como Los Titiriteros de Binéfar, Pep López, Teatro Paraíso, Tyl Tyl Teatro, L´Horta teatro, Teatro Arbolé, La Nave, Caixa Escena Anna Roca e Talía Teatro. 
 
Os encontros TE VEO están organizados pola asociación valisoletana Te Veo, que foi creada no ano 1996 por compañías de toda España co obxectivo de construír un marco de referencia para os profesionais do teatro infantil e xuvenil. 
 
Talía representará o domingo día 20 as 12 h. no Teatro Calderón a súa obra “Rosa Caramelo e outras historias”. Unha montaxe protagonizada polo actor Artur Trillo e o acordeonista Fernando Fraga e construída a partir de catro relatos da autora italiana Adela Turín que profundan nos roles e estereotipos de xénero.
 
Máis información:

Engadir un novo comentario