Vostede está aquí

Talía Teatro leva Bicos con Lingua a O Barco

  • Talía Teatro leva Bicos con Lingua a O Barco - Talia teatro - 531

Talía achegará o teatro ao público do Barco este venres, 7 de xullo. O Xardín da Casa Grande de Viloira acollerá a montaxe da obra máis popular da compañía galega, Bicos con lingua, que será representada nun único pase ás 22:30 h. A actuación forma parte da quinta edición do Ciclo De Perto, que nesta ocasión está adicado a palabra contada, cantada e rimada en espazos abertos.

Levada aos escenarios 330 veces e estreada no ano 2003, Bicos con lingua é a obra máis representada da historia do teatro galego. Nesta divertida comedia dirixida por Avelino González, Toño Casais e Artur Trillo profundan na situación sociolingüística de Galicia. Creada a partir de pequenos relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Igrexas, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala, este espectáculo pretende ofrecer 'unha radiografía' da situación do galego no cotián, no tempo e espazo.

Engadir un novo comentario