Vostede está aquí

Talía Teatro leva Bicos con Lingua á Pobra do Caramiñal e Sada

  • Bicos con lingua unha obra da compañía galega Talía Teatro
Talía achegará o teatro aos escolares da Pobra do Caramiñal o próximo venres, 17 de febreiro. O cine Elma da Pobra acollerá a montaxe da obra máis popular da compañía galega, Bicos con lingua, que será representada nun único pase ás 12 h. Así mesmo, o venres 24 de febreiro os alumnos do IES Isaac Díaz Pardo de Sada poderán disfrutar tamén desta montaxe na Casa da Cultura da vila. 
 
Levada aos escenarios 330 veces e estreada no ano 2003, Bicos con lingua é a obra máis representada da historia do teatro galego. Nesta divertida comedia dirixida por Avelino González, Toño Casais e Artur Trillo profundan na situación sociolingüística de Galicia. Creada a partir de pequenos relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Igrexas, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala, este espectáculo pretende ofrecer 'unha radiografía' da situación do galego no cotián, no tempo e espazo. 
 

Engadir un novo comentario