Vostede está aquí

Talía Teatro leva Bicos con Lingua a Silleda

  • Talía Teatro leva Bicos con Lingua a Silleda - Talia teatro - 519

Talía presentará este sábado 29 de abril ás 21 h no Auditorio Manuel do Pazo de Silleda, a súa obra máis representativa, Bicos con Lingua.

Levada aos escenarios 330 veces e estreada no ano 2003, Bicos con lingua é a obra máis representada da historia do teatro galego. Nesta divertida comedia dirixida por Avelino González, Toño Casais e Artur Trillo profundan na situación sociolingüística de Galicia. Creada a partir de pequenos relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Igrexas, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala, este espectáculo pretende ofrecer 'unha radiografía' da situación do galego no cotián, no tempo e espazo. 

A actuación forma parte da programación do V Mes Cultural de Axuda ao Pobo Saharauí de Silleda, organizada pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). A recadación da obra destinarase integramente aos diferentes proxectos que desenvolve SOGAPS, destacando entre outros, as chamadas “Vacacións en Paz”, que permiten que cada verán centos de nenas e nenos saharauís poidan pasar uns meses na nosa comunidade. O prezo da entradrada será de cinco euros. 

Engadir un novo comentario