Vostede está aquí

Talía Teatro participa no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia

Talía Teatro participa durante o mes de abril no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, un programa de dinamización da lectura no que participan diferentes bibliotecas públicas da rede galega. No marco desta iniciativa, Talía Teatro levará “Rosa Caramelo e outras historias” ás bibliotecas de Corcubión, San Sadurniño, Oroso e Moaña.

Dirixida por Paula Carballeira- autora teatral, poeta e actriz-, a montaxe está protagonizada polo actor Artur Trillo, que nesta ocasión presenta o espectáculo nun formato diferente ao habitual, o contacontos. A obra, pensada para nenos de entre 4 e 8 anos de idade, achega aos máis cativos os relatos da italiana Adela Turín, que comezou a publicar a súa colección de historias fabuladas hai máis de 30 anos no seu país natal, converténdose axiña nunha serie de referencia internacional para a educación na igualdade.

Con esta montaxe, Talía Teatro leva a escena catro dos seus relatos máis populares: ‘Rosa caramelo’, ‘A historia dos bonobos con lentes’, ‘Unha feliz catástrofe’ e ‘Artur e Clementina’, todos eles publicados en galego, catalán e castelán pola editorial Kalandraka dentro da colección dedicada á autora italiana. A través destas historias, a compañía dálle a volta aos roles de xénero e os seus estereotipos, desmontando unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e home

Engadir un novo comentario