Vostede está aquí

Talía Teatro presenta leva Xango e Rosa Caramelo aos escolares de A Coruña

  • Talía Teatro presenta leva Xango e Rosa Caramelo aos escolares de A Coruña - Talia teatro - 527
Talía Teatro achegará este mércores dous dos seus espectáculos infantís aos escolares do Colexio Salesianos de A Coruña. “Rosa Caramelo e outras historias” será a primeira obra que a compañía representará no auditorio escolar. Dirixida por Paula Carballeira- autora teatral, poeta e actriz-, a montaxe está protagonizada polo actor Artur Trillo, que nesta ocasión presenta o espectáculo nun formato diferente ao habitual, o contacontos.
A obra, pensada para nenos de entre 4 e 8 anos de idade, achega aos máis cativos os relatos da italiana Adela Turín, que comezou a publicar a súa colección de historias fabuladas hai máis de 30 anos no seu país natal, converténdose axiña nunha serie de referencia internacional para a educación na igualdade.
O segundo espectáculo que será presentado ante os escolares de Salesianos será “Xango”. Os actores Toño Casais e Dani Trillo son os dous únicos protagonistas desta divertida historia que invita aos máis cativos a reflexionar sobre o uso das novas tecnoloxías. Diego Rey dirixe esta proposta infantil que toma como punto de partida a historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet e que inclúe chiscadelas ás técnicas do mimo e do clown.
 

Engadir un novo comentario