O Centro Dramático Galego e Talía Teatro homenaxea a Carlos Casares cunha aproximación escénica á súa novela, Os mortos daquel verán
Talía Teatro e o Centro Dramático Galego celebrarán o Día das Letras Galegas cunha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, Os mortos daquel verán.
O escritor ourensán será a figura homenaxeada este 17 de maio pola Real Academia Galega.
A obra será estreada en Ourense, cidade natal do autor, o venres 12 de maio ás 20:30 h. O 16, 17 e 18 de maio o Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá cinco funcións desta montaxe, dirixida e adaptada por Artur Trillo.