Vostede está aquí
Carta urxente para Máximo Toxo
Un espectáculo áxil e divertido, dirixido a público infantil e que pon en valor a amizade a través dunha estética expresionista.
Preséntovos a Máximo Toxo, gran escritor, aínda que pouco coñecido. Vive pechado na súa casa, buscando acadar a obra perfecta, o libro polo que será recordado eternamente (e que lle permitirá pagar as súas débedas). O seu carácter rosmón e antipático, e a súa alerxia ao contacto con outras persoas, fan del un verdadeiro ogro, alleo a todo o que acontece máis alá da súa vivenda. Por outro lado atoparedes a Belinda, que traballa como carteira, aínda que con ansias de progresar. É unha muller alegre e chea de vitalidade, algo inxenua (máis ben un pouco parva), e sempre confía na xente que a rodea. Aínda que Belinda reparte o correo pola veciñanza de Máximo Toxo, nunca tivo ocasión de coñecelo… ata hoxe. O xefe de Correos fíxolle un encargo a Belinda: entregarlle ao señor Toxo unha carta importantísima en persoa.