Vostede está aquí

Demolición

Unha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión.

Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo

Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé.

“Comidrama”

Xa que o concepto existe, outorguémoslle un nome.

Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión.

A espera, un eco beckettiano que chega de lonxe. O fracaso colectivo reverberando metaforicamente.

A fraxilidade humana resoando no fondo do precipicio.

Ficha artística
Autor: 
Cándido Pazó
Dirección: 
Cándido Pazó
Elenco: 
Toño Casais
Artur Trillo
Ficha técnica
Idioma: 
Duración: 
1 h. 30’
Idade recomendada: 
N.R.M. 13 anos
Máis información
Estrea: 
11 de xuño de 2014, Teatro Principal de Compostela
A crítica di…
Máis

Espectáculo subvencionado por: