Vostede está aquí
O Método Grönholm
Un espectáculo para público adulto, no que o autor xoga descaradamente cos personaxes e co espectador, manipulándoos e sacudíndoos sen pudor.
A proposta de Galcerán é portadora dun corrosivo compoñente crítico disfrazado de ideoloxía neoliberal, dunha carga de cinismo nada despreciable e dunha impresionante capacidade para xogar 'perigosamente' con cousas serias co mesmo talante que se estivese xogando á brisca ou ás prendas.
O método Grönholm é un xogo, si. Un xogo constante entre verdades e mentiras. Un xogo un pouco perverso, tal vez, por que as emocións e os sentimentos das personaxes son manipulados e sacudidos sen pudor nin compaixón algunha. Algo que resulta escandalosamente normal na sociedade contemporánea.