Vostede está aquí
Os mortos daquel verán
Talía teatro e o Centro Dramático Galego presentan unha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, Os mortos daquel verán.
A aparición do cadáver do boticario Modesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá aportando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso.
O pulo para acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son as forzas que inspiran esta proposta escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraordinaria solvencia narrativa.