Vostede está aquí

Vida de cans

Tres actores. Tres cans. Ou tres actores que fan de can. Sen deixar de ser actores. Sen deixar de ser cans. Están recluídos nun recinto que lles preparou o seu amo. Moi grande, moi cómodo, moi ameno, moi limpo... pero recinto Ben tratados, ben atendidos, ben alimentados, ben acariñados... pero recluídos. Fóra do recinto está a liberdade. Cos seus desacougos, as súas incertezas, os seus problemas, os seus perigos... pero liberdade. Cada un dos tres afronta o conflito segundo a súa personalidade. Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia... que nunca deixa de ser comedia. Comedia absurda. Comedia paródica. Comedia metafórica.
Ficha artística
Autor: 
Cándido Pazó
Dirección: 
Cándido Pazó
Elenco: 
Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo
Ficha técnica
Idioma: 
Duración: 
70
Idade recomendada: 
N.R.M. 13 anos
Máis información
Estrea: 
22/02/2019