Un pobo que non fomenta o seu teatro, se non está morto, está moribundo. Federico García Lorca.
Próximos eventos
Campaña Escolar
ÚLTIMAS NOVAS!!!
Estamos que botamos por fóra de contentas pola acollida de UNHA INIMIGA DO POBO nos Premios María Casares, sendo finalista en 9 candidaturas.
- Mellor espectáculo
- Mellor dirección: Tito Asoery
- Mellor actriz protagonista: Marta Lado
- Mellor actor secundario: Toño Casais
- Mellor adaptación: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
- Mellor Iluminación: Laura Iturralde
- Mellor espazo escénico: Dani Trillo
- Mellor vestiario: Martina Cambeiro
- Mellor Maquillaxe: Martina Cambeiro
O que vén!
- TEATRO FORO: A PORNOGRAFÍA NA ADOLESCENCIA, unha actividade que vén sendo a primeira fase do proceso de creación dun espectáculo que reflexione sobre as consecuencias que ten a pornografía nas relacións afectivo-sexuais da adolescencia galega. Consiste na realización de obradoiros teatrais en diversos centros de ensino. Traballaremos co alumnado con ferramentas pedagóxicas teatrais e xirando toda a temática arredor da sexualidade, os seus mitos, os tabús, a pornografía, as relacións de parella, as conversas entre amigos/as, cos pais, co profesorado... Neste proceso participan Diego Rey, Bárbara Penas, Marta Ríos e Dani Trillo e desenvolverse nos centros de ensino a partir do 1 de febreiro de 2024.
Un proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña a través da convocatoria Proxectos Singulares.
- DESEXO, Unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social. Unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai más rápido, a relación coas redes sociais e onde todo, absolutamente todo, queda exposto. Marta Ríos e Dani Trillo estarán en escena baixo a dirección de Diego Rey e co asesoramento da sexóloga Bárbara Penas. Esta montaxe estrearase en Boiro o 3 de maio de 2024.
- UN DEUS SALVAXE. Unha comedia negra que explora temas como a hipocrisía, a intolerancia e a soberbia na sociedade. A obra foi aclamada pola crítica e gañou varios premios, incluído o Premio Tony á Mellor Obra de Teatro en 2009. Actualmente, hai varias montaxes teatrais da obra en todo o mundo e nós queremos presentala por primeira vez en galego. Artur Trillo dirixirá a Marta Lado, María Ordóñez, Dani Trillo e Toño Casais nesta montaxe. Estrearase no outono.
Desexo e Un deus salvaxe son espectáculos subvencionados pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a través da convocatoria á Creación Escénica do ano 2023.