Vostede está aquí

Comedia

Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can) - Talia teatro - 19

Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)

Farsa que respira da comedia da arte , ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, moi semellantes.
Pelos na lingua - Talia teatro - 17

Pelos na lingua

Un divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está vivir a lingua galega.  

Pequena - Talia teatro - 15

Pequena

Un espectáculo dirixido a público infantil, para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.  

Sopa de sapo - Talia teatro - 13

Sopa de sapo

Unha divertida comedia, pensada para público familiar, que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos.

A avóa e a mamá están preparando a cea, e que cociñarán?, se pregunta a pequena bruxa. Achégase ao caldeiro e berra:
- Nooon!! Outra vez sopa de sapo!!! Todos os días sopa de sapo!!
- Ben sabes pequena, di a avóa, que para ser unha boa bruxa …ou sexa unha bruxa como ten que ser… ou sexa unha bruxa pérfida e malvada non hai nada como comer a diario sopa de sapo.

Carta urxente para Máximo Toxo - Talia teatro - 11

Carta urxente para Máximo Toxo

Un espectáculo áxil e divertido, dirixido a público infantil e que pon en valor a amizade a través dunha estética expresionista.

Mundos Contados - Talia teatro - 9

Mundos Contados

Unha atractiva viaxe que nos fará pensar en que planeta vivimos, poñendo de releve os aspectos diferenciadores das distintas culturas do mundo. 

Dín que cada persoa é un mundo, pero Samba, a nosa protagonista, garda varios mundos dentro dela.

Din que a Terra tamén é un mundo, pero si nela viven milleiros e milleiros de persoas, daquela a Terra son milleiros de mundos diferentes.

De entre todos eses mundos, Samba vai escoller uns poucos para contarnos as súas historias.

Demolición - Talia teatro - 7

Demolición

Unha proposta entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión.

Unha situación, un conflito, personaxes e diálogo

Catro pés para o banco da comunicación teatral. Hai outros. Pero quixemos probar se chegaba con estes para que o banco se mantivese en pé.

“Comidrama”

Xa que o concepto existe, outorguémoslle un nome.

Un termo que exprese esa alquimia dramática entre o humor e a emoción, entre a dor e o pracer, entre o divertimento e a reflexión.

O Método Grönholm - Talia teatro - 5

O Método Grönholm

Un espectáculo para público adulto, no que o autor xoga descaradamente cos personaxes e co espectador, manipulándoos e sacudíndoos sen pudor.  

A proposta de Galcerán é portadora dun corrosivo compoñente crítico disfrazado de ideoloxía neoliberal, dunha carga de cinismo nada despreciable e dunha impresionante capacidade para xogar 'perigosamente' con cousas serias co mesmo talante que se estivese xogando á brisca ou ás prendas.

Bicos con Lingua - Talia teatro - 3

Bicos con Lingua

Bicos con lingua é un espectáculo en clave de comedia no que a través de diversas situación cotiás invita a unha fonda reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega.

Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina - Talia teatro - 1

Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina

Esta é a extraordinaria historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar.

Benvidos ao máxico e dixital mundo de XANGO!

Un espectáculo de mimo e clown, dirixido ao público infantil, concretamente a un público entre 7 e 12 anos.

Páxinas