Vostede está aquí

Servizos e eventos a medida

A nosa experiencia de máis de 25 anos no ámbito das artes escénicas e o feito de contar cun equipo de profesionais que abarca distintas facetas creativas, capacítanos para ofertar servizos relacionados coa actividade teatral:
 

Escolas de teatro

Temos experiencia na organización e coordinación de escolas de teatro, tanto municipais como de centros de ensino e asociacións.

Actualmente coordinamos as escolas municipais de Cee, Muxía, Corcubión, Vimianzo, Carballo, Rois e Dumbría, así como do IES A Cachada de Boiro.

 

Outros servizos para as artes escénicas

Nos últimos anos decidimos pouco a pouco, afrontar desde a compañía, certos aspectos da produción que anteriormente confiábamos a servizos externos: deseños e construcción de escenografía e atrezzo (Dani Trillo), deseño e realización de vestiario e maquillaxe (Martina Cambeiro), fotografía e vídeo (Rubén Prieto), así como monitores para actividades tanto culturais como sociais.

 

Creación de accións e/ou espectáculos temáticos

Posto que somos unha compañía con certa experiencia na creación de espectáculos propios, ofertamos esa posibilidade para o teu proxecto concreto. Traballaríamos a partir da idea que nos proporciones.

Unha experiencia desde tipo realizámola para o Proxecto interea (unha iniciativa de investigación aplicada ao redor do traballo social) organizado pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Diputación provincial.

 

Programacións culturais

Se tes un espazo para programar ou queres realizar un evento e precisas de asesoramento,tanto técnico como artístico, para levalo a cabo, non dubides en contactar con nós. Temos una ampla experiencia derivada das 25 edicións da Mostra de Teatro de Cee, así como de asesorar nos distintos concellos onde impartimos as distintas escolas de teatro. Así mesmo no ano 2014, o Concello de Dumbría confiounos a dirección técnica e artística do I festival de teatro 'Dumbría a escena'.