Vostede está aquí

Empeza o curso! E volta o teatro!

Estamos a ultimar a nosa xira por concellos e centros de ensino. Apúntaste?

XIRA

Temos unha xira completiña para este outono que podes consultar no noso calendario.

  • UNHA INIMIGA DO POBO: Un espectáculo que non debes perder. Gañador de 7 premios María Casares.
  • DESEXO: Unha atrevida proposta que aborda a sexualidade e o consumo de pornografía desde unha perspectiva que combina humor e sensibilidade.
  • A PARÁBOLA DO ANGAZO: Unha comedia vibrante que mestura humor e reflexión sobre os usos da lingua en diferentes situacións, cunha posta en escena dinámica e divertida.
  • VOA, VOA!: Un espectáculo tenro e emotivo que incentiva o xogo e a memoria familiar, recuperando xogos da infancia e o vocabulario tradicional.
  • LAMBETADAS: Espectáculo infantil no que os personaxes pasan por situacións cómicas, descubrindo a importancia da lingua e a identidade a través do xogo e a interpretación de múltiples roles.
  • ROSA CARAMELO E OUTRAS HISTORIAS: Unha viaxe polas historias de Adela Turín que axudará aos máis pequen@s a reflexionar sobre a igualdade de xénero.

TEATRO PARA CENTROS DE ENSINO

Como cada ano organizamos funcións para centros de ensino. Neste momento temos previstas as seguintes funcións:

  • A PARÁBOLA DO ANGAZO: Luns 9 e martes 10 de decembro ás 10:30 e 12:15 h

Máis información e reservas: 683 127 724 ou info@taliateatro.gal

Se estades interesados tamén podemos desprazarnos aos centros de ensino con este ou outros espectáculos.

ESCOLAS DE TEATRO

Retomamos tamén a actividade didáctica regular nas escolas de Teatro Municipais nos concellos de Ames, Cee, Dumbría, Fisterra, Rois, Corcubión , Muxía e Santiago de Compostela. Tamén realizados actividades formativas puntuais por encargo. Así que se tes interés en algunha formación en particular relacionada co mundo do teatro, non dubides en contactar. NOVAS PRODUCIÓNS Estamos tamén coa produción do noso próximo espectáculo UN DEUS SALVAXE, que estrearemos o 21 de febreiro de 2025 no Pazo da Cultura de Narón.

Seguiremos informando!

Podes seguirnos nas redes sociais onde publicamos semanalmente a nosa actividade:

Facebook

Instagram

Engadir un novo comentario