Vostede está aquí

Talía chega este venres a Ames co seu espectáculo infantil “Sopa de sapo”

  • Talía chega este venres a Ames co seu espectáculo infantil “Sopa de sapo” - Talia teatro - 509

A compañía Talía Teatro desembarca este venres na Casa da Cultura de Milladoiro coa súa obra ‘Sopa de sapo’. Unha comedia escrita e dirixida por Artur Trillo que nos mergulla nos contos tradicionais de bruxas e feitizos. María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Rubén Prieto darán vida este venres ás 18 h na Casa da Cultura de Milladoiro a esta familia de meigas tan especial.

Cunha decena de montaxes en xira e case medio centenar de obras levadas a escena desde a súa fundación en 1988, Talía Teatro confírmase como unha das formacións escénicas galegas con maior capacidade de produción e distribución a partir de obras que definen un estilo propio orixinal.

Venda de entradas

As entradas para esta obra de teatro xa están á venda na billeteira electrónica do Concello de Ames. Tamén se poden mercar de xeito anticipado e presencial nas Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns, dirixíndose aos postos de conserxería e coa axuda dos técnicos do departamento de Cultura, de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Ademais, reservarase o 10% das entradas para vender de xeito presencial unha hora antes do comezo do espectáculo.

Más información:

Sobre a obra

Engadir un novo comentario