Vostede está aquí

Talía leva Foucellas a Ponteareas, Ourense, Cangas e Monforte

  • Talía leva Foucellas a Ponteareas, Ourense, Cangas e Monforte - Talia teatro - 525

A compañía galega Talía Teatro levará nos próximos meses a súa obra ‘Foucellas’ aos teatros de Ponteareas, Cangas, Ourense e Monforte. Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo dan vida á historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mistúranse para nos propoñer unha reflexión sobre un momento único e determinante da nosa historia.

Esta proposta vén referendada por un dos grandes nomes da escena galega, Cándido Pazó, quen dirixe e asina o texto orixinal escrito ex profeso para este espectáculo. Unha peza dramática que, alén de afondar no mítico personaxe galego de Foucellas, propón unha reflexión profunda sobre un transo co que, privada ou colectivamente, ás veces nos enfrontamos: a xestión da esperanza e a administración da derrota.

Dani Trillo asina a escenografía e o deseño gráfico da obra, mentres que Artur Trillo encárgase da distribución desta proposta, na que participan, así mesmo, Afonso Castro (iluminación), Martina Cambeiro (vestiario e maquillaxe), Manuel Riveiro (música), Auri Ferreiro (produción), Rubén Prieto (fotografía e vídeo) e Belén Pichel (axudante de dirección).

Datas e lugares de actuacións:

  • 01/04/2017- Ponteareas. 21:00. Auditorio Reveriano Soutullo.
  • 06/04/2017- Ourense- 20:30. Auditorio Pazo de Congresos.
  • 22/04/2017- Cangas- 21:00. Auditorio Municipal.
  • 11/05/2017- Monforte de Lemos- 20:15. Edificio Multiusos.

Engadir un novo comentario