Vostede está aquí

Talía Teatro leva dous dos seus espectáculos á Sala Ingrávida

  • Talía Teatro leva dous dos seus espectáculos á Sala Ingrávida - Talia teatro - 507

Talía Teatro estará este sábado, 11 de febreiro, na Sala Ingrávida de Porriño presentando dúas das súas montaxes: a comedia infantil Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can) e a súa obra máis popular, Bicos con lingua.

Dani Trillo e Diego Rey subirán aos escenarios ás 12 h para presentar aos máis pequenos a comedia Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can). O espectáculo infantil, escrito e dirixido por Roberto Salgueiro, está ambientada na Italia do século XVIII e conta a historia de dous personaxes ben diferentes e, ao tempo, semellantes: Valentino Ruffini e Âkil Pillabán.

Ás 21:30 h a compañía subirase de novo ás táboas para presentar Bicos con Lingua. Levada aos escenarios 330 veces e estreada no ano 2003, é a obra máis representada da historia do teatro galego. Unha divertida comedia dirixida por Avelino González, na que Toño Casais e Artur Trillo profundan na situación sociolingüística de Galicia. Creada a partir de pequenos relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Igrexas, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala, este espectáculo, pensado para un público adulto e xuvenil, pretende ofrecer 'unha radiografía' da situación do galego no cotián, no tempo e espazo. 

 

Engadir un novo comentario