Vostede está aquí

Talía Teatro leva Ubú Rei a Cee, Carballo, Monforte e Santiago de Compostela

  • Talía Teatro leva Ubú Rei a Cee, Carballo, Monforte e Santiago de Compostela - Talia teatro - 505
Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Marta Lado, Dani Trillo e Rubén Prieto protagonizan esta adaptación de Roberto Salgueiro dunha das obras máis representativas da historia do teatro contemporáneo.
 
Tras a súa estrea en Narón o próximo venres 3 de marzo, a obra recalará o domingo 5 de marzo ás 20 h no Auditorio da Casa da Cultura de Cee, onde volverá aos escenarios o martes 7 de marzo cun pase para os escolares da vila. O día 9 de marzo o espectáculo visitará o Edificio Multiusos de Monforte (20:15 h) e o día 10 de marzo a compañía levará a montaxe ao Pazo da Cultura de Carballo (21 h). Por último, os días 23, 24 e 25 de marzo a obra será presentada no Teatro Principal de Santiago de Compostela en tres sesións que terán lugar ás 20:15 h. As entradas para estas actuacións xa se poden adquirir na billeteira online do Teatro. 

Engadir un novo comentario