Queremos compartir con tod@s vós que Vanesa Sotelo e Tito Asorey son finalistas na categoría de Mellor versión nos Premios Max das Artes Escénicas 2024.
A entrega de premios celebrarase o 1 de xullo en Tenerife, e non poderiamos estar máis orgullosos deste recoñecemento ao seu excelente traballo.
Ademais, queremos lembrarvos que na edición deste ano dos Premios María Casares, UNHA INIMIGA DO POBO obtivo nada menos que sete galardóns:
- Mellor espectáculo
- Mellor dirección: Tito Asorey
- Mellor versión: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
- Mellor actriz protagonista: Marta Lado
- Mellor actor secundario: Toño Casais
- Mellor escenografía: Dani Trillo
- Mellor iluminación: Laura Iturralde
Grazas a todos polo voso apoio continuo e parabéns aos nosos compañeir@s!!!
Engadir un novo comentario