Talía Teatro leva a Xove e Compostela a súa obra infantil Rosa Caramelo
Paula Carballeira dirixe esta montaxe, construída a partir de catro relatos da autora italiana Adela Turín, que ofrecen unha reflexión sobre o xénero, os seus roles e estereotipos. A proposta está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade. Talía Teatro levará a montaxe a Xove o xoves 17 de agosto, e aos xardíns de Bonaval o xoves 31 de agosto.