Talía achega o teatro aos escolares galegos
A compañía de teatro levará a escena os días 16 e 17 de xaneiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela dúas das súas obras máis aclamadas: Bicos con lingua e Pelos na lingua. Ás representacións asistirán máis de un millar de escolares procedentes de 18 centros de ensino de toda Galicia.