Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo interpretan a historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade se mesturan para propor unha reflexión sobre a xestión da derrota e da esperanza.
A obra, escrita e dirixida por Candido Pazó, presentarase en Lalín, o venres 11 de novembro, en Muxía, o sábado 12 de novembro, en Rianxo, o sábado 26 de novembro, en Padrón, o sábado 3 de decembro e en Ribeira, o sábado 9.