A compañía de teatro levará o 23, 24 e 25 de marzo ao Teatro Principal de Compostela a súa última montaxe, Ubú Rei. Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Marta Lado, Dani Trillo e Rubén Prieto levan a escena un dos textos máis representativos do teatro contemporáneo. A montaxe, adaptada e dirixida por Roberto Salgueiro, achega ao espectador unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.