Talía presenta aos escolares de Ferrol e Narón a súa obra Rosa Caramelo
Paula Carballeira dirixe esta montaxe, construída a partir de catro relatos da autora italiana Adela Turín que profundan nos roles e estereotipos de xénero.
A proposta, que incorpora música en directo, está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos de idade.
O actor Artur Trillo e o acordeonista Fernando Fraga interpretarán a obra para os escolares de Ferrol os días 14 e 15 de novembro e para os rapaces de Narón os días 16, 17 e 18 de novembro.