Vostede está aquí
Campaña Escolar 2019/2019
No noso proxecto de compañía prestamos especial atención ao público infantil e xuvenil, xa que eles son o público do futuro, pero para nós tamén son un público importante do presente, ao que debemos ofrecerlle espectáculos de calidade e adaptados as súas idades e intereses.
Esperamos espertar en nenos, nenas e mozos, mozas a curiosidade, a sensibilidade e o sentido crítico.
Se estades interesados/as en organizar unha función no voso centro, ou ben unirvos con outros centros para organizar unha función conxunta, non dubidedes en contactar con nós para consultar orzamento, disponibilidade e axudarvos a xestionalo.
Funcións programadas para ensino medio
No Salón Teatro de Santiago de Compostela
Luns 20 de xaneiro de 2020: Bicos con lingua ás 10.30 h. e 12.00 h.
Martes 21 de xaneiro de 2020: Pelos na lingua ás 10.30 h. e 12.00 h.
Xoves 24 de xaneiro de 2020: Vida de cans ás 12.00 h.
Venres 25 de xaneiro de 2020: Vida de cans ás 12.00 h.
Reservas: 981943242
Espectáculos para o curso 2019-2020
Campaña infantil e primaria
