Vostede está aquí

Campaña Escolar 2023-2024

No noso proxecto de compañía prestamos especial atención ao público infantil e xuvenil,  xa que eles son o público do futuro, pero para nós tamén son un público importante do presente, ao que debemos ofrecerlle espectáculos de calidade e adaptados as súas idades e intereses.

Esperamos espertar en nenos, nenas e mozos, mozas a curiosidade, a sensibilidade e o sentido crítico.

Se estades interesados/as en organizar unha función no voso centro, ou ben unirvos con outros centros para organizar unha función conxunta, non dubidedes en contactar con nós para consultar orzamento, disponibilidade e axudarvos a xestionalo.

Funcións programadas:

Espectáculo: A parábola do angazo

Datas: martes 17 e mércores 18 de outubro de 2023 (sesións ás 10:30 e 12:15 h)

Espazo: Salón Teatro (Santiago de Compostela)

Reservas: 981 943 242

 

Espectáculos para o curso 2023-2024

Campaña infantil e primaria

Campaña escolar 22 23 - Talia teatro