Vostede está aquí

O servidor de dous amos

O servidor de dous amos - Talia teatro - 29
O servidor de dous amos - Talia teatro - 251
O servidor de dous amos - Talia teatro - 253
O servidor de dous amos - Talia teatro - 255

Talía teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldini que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorpora novas formas de teatralidade. No noso atrevemento non facemos outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos urbanísticos, nobres e mandatarios trocan en empresarios e políticos, e a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz coma divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo onde todo será posible, no que a mentira e a confusión serán a base do xogo e os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para rir de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Ficha artística
Autor: 
Carlo Goldoni
Dirección: 
Diego Rey
Elenco: 
Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo, Dani Trillo
Ficha técnica
Idioma: 
Duración: 
80
Idade recomendada: 
N.R.M. 13 anos
Máis información
Estrea: 
14/02/2018