Vostede está aquí

Os mortos daquel verán

Os mortos daquel verán - Talia teatro - 27
Os mortos daquel verán - Talia teatro - 245

Talía teatro e o Centro Dramático Galego presentan unha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, Os mortos daquel verán.
A aparición do cadáver do boticario Modesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da guerra civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá aportando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso.
O pulo para acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son as forzas que inspiran esta proposta escrita cunha linguaxe innovadora e unha extraordinaria solvencia narrativa.

Ficha artística
Autor: 
Carlos Casares
Dirección: 
Artur Trillo
Elenco: 
Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, Artur Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, Xurxo Barcala
Ficha técnica
Idioma: 
Duración: 
90 minutos
Idade recomendada: 
N.R.M 13 anos