Vostede está aquí

Rosa Caramelo e outras historias

Rosa Caramelo e outras historias - Talia teatro - 21
Rosa Caramelo e outras historias - Talia teatro - 223
Rosa Caramelo e outras historias - Talia teatro - 225

Illada nun xardín, Margarita é a única elefanta do grupo que non consigue que a súa pel sexa de color rosa caramelo. Cando os seus pais desisten desa idea descubrirá o significado da liberdade, e abrirá o camiño da igualdade para as súas compañeiras.

Un espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero.
Nesta montaxe composta de catro historias nas que combinamos a palabra e a música en directo, trataremos de crear unha atmosfera adecuada para desmontar unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes.

Ficha artística
Autor: 
Adela Turin
Dirección: 
Paula Carballeira
Elenco: 
Artur Trillo
Fernando Fraga
Ficha técnica
Idioma: 
Duración: 
45 minutos
Idade recomendada: 
4 a 8 anos
Máis información
Estrea: 
Salón Teatro (Santiago de Compostela)