Vostede está aquí
Ubú rei
Tantas veces visitado o Ubú Rei de Alfred Jarry, desta vez poñemos os ollos para miralo desde o porto de Belfast, nunha versión que pretende conservar a distorsión sintáctica do orixinal e o seu carácter inxenuo e profundamente teatral. Nesta ocasión, Ubú O´Reilly terá como aliado a un Bordure transfigurado en Liam O´Connor para destronar ao rei do porto: Dugan O´Sullivan.
Maragotas, tabaco de contrabando, os costumes ancestrais de Osetia e un cadro variopinto de situacións paradoxais que conforman unha historia cómica que transita veloz sobre o seu propio escenario. E ao mesmo tempo, constitúe unha visión crítica do noso presente a pesar da súa inxenuidade.