Vostede está aquí
Unha inimiga do pobo
Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois da súa creación, o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa.A rabiosa actualidade do texto próbase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX volvéronse máis profundos e daniños no século XXI. Así, coa vontade de aproximar aínda máis a peza, Galicia actual serve de escenario para unha proposta onde a desinformación, os riscos das maiorías absolutas, a crise ecolóxicae a depredación neoliberal deseñan un contexto hostil no que as emocións humanas son sometidas á máxima presión. Escollemos esta peza, paradigma do teatro social por excelencia, para facer do teatro un foro onde poidamos ollarnos como sociedade e vernos reflectidos coas nosas contradicións e problemáticas, para deste xeito aportar luz, na medida das nosas posibilidades, nun mundo que semella non ter unha solución sinxela. Colocámonos así aombros do xigante Ibsen, para desde a súa perspectiva, armar un espectáculo contemporáneo que nos faga reflexionar dun xeito crítico, e á vez lúdico, sobre o mundo que nos tocou vivir.
SINOPSE
Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezarunha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seunovo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesmadeseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.
A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronteaos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como sepon en risco a prosperidade para toda a comunidade.