Vostede está aquí

Voa,voa!

“Voa, voa!”, de Talía Teatro, ás 17.00 h (auditorio)
Espectáculo teatral para a primeira infancia
A inscrición comezará ás 10.00 h do día 27/03/2026 ata o 31/03/2026. A actividade está dirixida a crianzas de 5 e 6 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Aquí vos deixamos o enlace: https://www.coruna.gal/ijcec/es/detalle/voa-voa-de-talia-teatro-as-17-00...

Dirección:
Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Número de prazas:
35 crianzas por sesión

Prezo: De balde e con inscrición previa
Espectáculo para o público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras. Relación de ditos populares, retrousos, xogos de man que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral.
A actividade desenvolverase no escenario do auditorio do Centro Ágora.
Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder ao auditorio unha vez que comece o espectáculo.
Organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Apego.

Que?
Voa, voa! - Talia teatro - 37

Voa, voa!

Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.

Categoría: 
Cando?
Data/s de celebración: 
Martes, 31 Marzo, 2026 - 17:00
Martes, 31 Marzo, 2026 - 18:30
Onde?

Engadir un novo comentario

19 + 0 =
Resolve este simple problema matemático para garantizar que eres humano. Por exemplo, para 1+3, introduce 4.