Vostede está aquí
A compañía
Talía Teatro é unha compañía teatral creada en 1988, con un selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro.
Hoxe, 24 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior prestixio e repercusión e ten afianzado un proxecto empresarial que xenera cultura e ilusión, ao mesmo tempo que consolida un equipo de traballo estable.
Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro. Aínda que se dirixe a un amplo abano de espectadores, tamén presta unha especial atención teatro infantil e xuvenil por que considera que a creación de novos públicos é unha das asignaturas pendentes do teatro feito en Galicia.
O traballo da compañía ten sido merecedor de numerosos premios polas súas montaxes:
- Mellor texto teatral en galego, María Casares 2012: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende por Pelos na lingua
- Mellor actriz secundaria. María Casares 2011: Marta Ríos por Volpone
- Premio Nordés das Artes
- Premio FETEGA 2011 á mellor actriz a María Ordóñez, por Pelos na lingua
- Mellor actor protagonista. María Casares 2010: Toño Casais por Palabras encadeadas
- Mellor dirección. María Casares 2010: Artur Trillo por Palabras encadeadas
- Mellor actor secundario. María Casares 2008: Artur Trillo por E ti, quen ves sendo?
- Premio FETEGA 2007 ao Mellor actor a Toño Casais por Esperando a Godot
- Mellor actor protagonista. María Casares 2004: Artur Trillo por Bicos con lingua
- Mellor Texto orixinal. María Casares 2004: Bicos con lingua
Actualmente ten en cartel os seguintes espectáculos:
Dirixidos a público infantil:
- Pequena
- Carta urxente para Máximo Toxo
- Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can)
- Sopa de Sapo
- Xango, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina
Dirixidos a público xuvenil e adulto:
- Bicos con lingua
- Pelos na lingua
- Demolición
- O método Grönholm
Talía Teatro
é unha compañía teatral creada en 1988, cun selo propio e orixinal. Os seus espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro. Hoxe, case 25 anos despois do seu inicio, tense consolidado como unha das compañías galegas de maior presxio e repercusión. Desde os seus inicios, a compañía perseguiu a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país.
Montaxes Realizadas
- 1988, O Rei aborrecido, de Xesús Pisón
- 1989, Aquí non paga ninguén, de D. Fo.
- 1990, O crime de Aldea Vella, de B. Santareno
- 1991, Gaivotas subterráneas, de A. Vallejo.
- 1993, Ai, Carmela, de J. Sanchis Sinisterra.
- 1994, T. W. C. , Colectiva.
- 1994, Fando e Lis, de Fernando Arrabal.
- 1995, Rezagados, de Ernesto Caballero.
- 1996, A secreta oscenidade de cada día, de Marco Antonio de la Parra.
- 1996, Pedro e o capitán, de Mario Benedetti.
- 1997, Retén, de Ernesto Caballero.
- 1998, Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra.
- 2000, Soños dun Seductor, de Woody Allen
- 2000, Menos Lobos, de Artur Trillo.
- 2001, Dakota, de Jordi Galcerán.
- 2001, Supermáis, de J.M. Benet i Jornet.
- 2002, Xusza Infinita, de Cándido Pazó.
- 2003, Bicos con lingua, de VV.AA.
- 2003, Eu así non xogo, de Artur Trillo
- 2004, Moliére Final, de Roberto Salgueiro
- 2004, A paz do Crepúsculo, de Itziar Pascual
- 2005, Mundos contados, de Paula Carballeira
- 2006, Esperando a Godot, de Samuel Beckett
- 2006, O merlo Branco, de Cándido Pazó
- 2007, Quero ser grande, de VV.AA.
- 2008, E , quen vés sendo?, de Cándido Pazó
- 2008, Valenno Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), de Roberto Salgueiro
- 2009, Palabras encadeadas, de Jordi Galcerán
- 2010, Volpone, de Ben Jonson
- 2010, Carta urxente para Máximo Toxo, de Diego Rey
- 2011, Pelos na lingua, de VV.AA.
- 2012, Pequena, de Paula Carballeira
- 2012, O método Grönholm, de Jordi Galcerán
- 2013, XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina