Vostede está aquí
A nosa traxectoria
Talía Teatro é unha compañía creada en 1988 cun selo propio e orixinal. Os nosos espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro.
Hoxe, témonos consolidado como unha das compañías galegas de con máis capacidade de produción e distribución.
Desde os nosos inicios, perseguimos a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país.
Ao longo da nosa traxectoria realizamos as seguintes montaxes:
- 1988, O Rei aborrecido, de Xesús Pisón.
- 1989, Aquí non paga ninguén, de Dario Fo.
- 1990, O crime de Aldea Vella, de Bernardo Santareno.
- 1991, Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo.
- 1993, Ai, Carmela, de José Sanchis Sinisterra.
- 1994 T. W. C. , Colectiva.
- 1994, Fando e Lis, de Fernando Arrabal.
- 1995, Rezagados, de Ernesto Caballero.
- 1996, A secreta oscenidade de cada día, de Marco Antonio de la Parra.
- 1996, Pedro e o capitán<, de Mario Benedetti .
- 1997, Retén, de Ernesto Caballero.
- 1998, Marsal Marsal, de José Sanchis Sinisterra.
- 2000, Soños dun Seductor, de Woody Allen
- 2000, Menos Lobos, de Artur Trillo.
- 2001, Dakota, de Jordi Galcerán.
- 2001, Supermáis, de J.M. Benet i Jornet.
- 2002, Xustiza Infinita, de Cándido Pazó.
- 2003, Bicos con lingua, de VV.AA.
- 2003, Eu así non xogo, de Artur Trillo
- 2004, Moliére Final, de Roberto Salgueiro
- 2004, A paz do Crepúsculo, de Itziar Pascual
- 2005, Mundos contados, de Paula Carballeira
- 2006, Esperando a Godot, de Samuel Becket
- 2006, O merlo Branco, de Cándido Pazó
- 2007, Quero ser grande, de VV.AA.
- 2008, E ti , quen vés sendo?, de Cándido Pazó.
- 2008, Valentino Rufi ni e Âkil Pillabán de viaxe a Milán (e van sen un can), de Roberto Salgueiro.
- 2009, Palabras encadeadas, de Jordi Galcerán.
- 2010, Volpone, de Ben Jonson.
- 2010, Carta urxente para Máximo Toxo, de Diego Rey.
- 2011, Pelos na lingua, de VV.AA.
- 2012, Pequena, de Paula Carballeira.
- 2012, O método Grönholm, de Jordi Galcerán.
- 2013, Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo (en coprodución con RTA e Voz Audiovisual).
- 2013, XANGO, a moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina, de Diego Rey.
- 2014, Sopa de Sapo, de Artur Trillo.
- 2014, Demolición, de Cándido Pazó.
- 2015, Rosa Caramelo e outras historias, de Adela Turín
- 2016, Foucellas, de Cándido Pazó
- 2017, Ubú Rei, de Alfred Jarry
- 2017, Os mortos daquel verán, de Carlos Casares
- 2018, O servidor de dous amos, de Goldoni
- 2019, Vida de cans, de Cándido Pazó
- 2019, A primeira vez, de Michal Walczak
- 2019, Lambetadas, de VV.AA
- 2020, Voa, Voa, de Artur Trillo
- 2021, A parábola do angazo, de VV.AA
- 2022, Morte accidental dun anarquista, de Dario Fo
- 2023, Unha inimiga do pobo, de Henrik Ibsen
O noso traballo ten sido merecedor de varios premios:
-
Mellor espectáculo, María Casares 2024: Martina Cambeiro por Unha inimiga do pobo
-
Mellor dirección, María Casares 2024: Tito Asorey por Unha inimiga do pobo
-
Mellor adaptación, María Casares 2024: Vanesa Sotelo e Tito Asorey por Unha inimiga do pobo
-
Mellor actriz protagonista, María Casares 2024: Marta Lado por Unha inimiga do pobo
-
Mellor actor secundario, María Casares 2024: Toño Casais por Unha inimiga do pobo
-
Mellor espazo escénico, María Casares 2024: Dani Trillo por Unha inimiga do pobo
-
Mellor iluminación, María Casares 2024: Laura Iturralde por Unha inimiga do pobo
-
Mellor vestiario, María Casares 2018: Martina Cambeiro por O servidor de dous amos
-
Mellor maquillaxe, María Casares 2018: Martina Cambeiro por O servidor de dous amos.
-
Mellor actriz secundaria, María Casares 2018: Marta Lado por O servidor de dous amos.
-
Mellor escenografía, María Casares 2016: Dani Trillo por Foucellas.
-
Mellor texto teatral en galego, Premio Max 2012: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende por Pelos na lingua.
-
Mellor texto teatral en galego, María Casares 2012: Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Séchu Sende por Pelos na lingua.
-
Mellor actriz secundaria. María Casares 2011: Marta Ríos por Volpone.
-
Premio Nordés das Artes.
-
Premio FETEGA 2011 á mellor actriz a María Ordóñez, por Pelos na lingua.
-
Mellor actor protagonista. María Casares 2010: Toño Casais por Palabras encadeadas.
-
Mellor dirección. María Casares 2010: Artur Trillo por Palabras encadeadas.
-
Mellor actor secundario. María Casares 2008: Artur Trillo por E ti, quen vés sendo?.
-
Premio FETEGA 2007 ao Mellor actor a Toño Casais por Esperando a Godot.
-
Mellor actor protagonista. María Casares 2004: Artur Trillo por Bicos con lingua.
-
Mellor Texto orixinal. María Casares 2004: Bicos con lingua.