Vostede está aquí

O noso equipo

Artur Trillo

Creador da compañía alá polo 1988. Desde entón asume a súa dirección.

Exerce a súa actividade profesional como actor, director, autor, monitor de teatro e coordinador das escolas de teatro nos concellos de Carballo, Cee, Muxía, Dumbría. Ademáis dirixiu durante 25 anos a Mostra de Teatro de Cee.  

Auri Ferreiro
Educadora Social con experiencia en xestión cultural. Entra a formar parte da compañía no ano 2008 e desde entón desempeña as labores de xestión e produción.      
Toño Casais

Forma parte da compañía desde os seus inicios. Desenvolve a súa actividade principalmente como actor, tanto na compañía como no audiovisual.Ademáis imparte clases de teatro nas aulas municipais de cultura de Vimianzo, Cee e Corcubión.

Máis información      

Dani Trillo
Exerce a súa actividade profesional como actor e xefe técnico da compañía. Ademáis realiza deseños de iluminación e construcción  de escenografía e atrezzo.
Diego Rey

Exerce a súa actividade profesional como actor, autor, director e monitor de cursos de teatro no concello de Vimianzo.
Vén de publicar o seu primeiro libro “Carta urxente para Máximo Toxo”.

María Ordóñez
Exerce a súa actividade profesional como actriz, monitora e coordinadora na escola de teatro do concello de Rois.

Rubén Prieto

Exerce a súa actividade profesional como actor, fotógrafo e ilustrador

Marta Ríos

Exerce a súa actividade profesional como actriz, monitora de cursos de teatro no concello de Boiro.

David Creus

Aínda que a súa actividade principal é a docencia, na medida en que esta llo permite, exerce como actor na compañía.

Martina Cambeiro

Vinculada á compañía desde os seus inicios, encárgase do deseño de vestiario e maquillaxe.