Vostede está aquí

Talía achega o teatro aos escolares galegos

  • bicos con lingua de Talía Teatro

Talía achegará o teatro aos escolares galegos os próximos días 16 e 17 de xaneiro. O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá as representacións de dúas das súas obras máis populares, Bicos con lingua e Pelos na lingua. A compañía levará a escena ambas obras en dúas sesión dobres, ás que acudirán máis de un milleiro de escolares procedentes de 18 centros de ensino de toda Galicia.

Levada aos escenarios 329 veces e estreada no ano 2003, Bicos con lingua é a obra máis representada da historia do teatro galego. Nesta divertida comedia dirixida por Avelino González, Toño Casais e Artur Trillo profundan na situación sociolingüística de Galicia. Creada a partir de pequenos relatos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Igrexas, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala, este espectáculo pretende ofrecer 'unha radiografía' da situación do galego no cotián, no tempo e espazo. Talía levará a obra aos escenarios do Salón Teatro o luns 16 de decembro, en dúas funcións ás 10 h. e 12 h.

O martes 17 de decembro os escolares tamén poderán disfrutar en dous pases matinais (10 h. e 12 h.) de Pelos na lingua, un divertido espectáculo-collage que, dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua, xa que aínda que non existe unha continuación na liña argumental, a peza traballa o mesmo tema cun enfoque diferente. A obra, dirixida por Avelino González, está interpretada por Toño Casais, Artur Trillo e María Ordóñez, quen a través de diferentes sketches, cheos de humor e ironía, propoñen ao espectador unha reflexión en clave positiva sobre a situación crítica que está vivir a lingua galega.

Máis información:

Engadir un novo comentario