Este luns 27 de maio no marco da Feira das Artes Escénicas, GaliciaEscenaPro, presentamos en formato pitching o noso próximo espectáculo: UN DEUS SALVAXE. Trátase dun texto de Yasmina Reza, que se estreará o 21 de febreiro de 2025 no Pazo da Cultura de Narón.
Queremos compartir con tod@s vós que Vanesa Sotelo e Tito Asorey son finalistas na categoría de Mellor versión nos Premios Max das Artes Escénicas 2024.
O vindeiro venres 22 de febreiro estrearemos o novo espectáculo VIDA DE CANS. Trátase dun texto de Cándido Pazó, que tamén el mesmo dirixe, e en escena Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo.
Unha vez máis, acóllenos o Pazo da Cultura de Narón.
• O servidor de dous amos estreada o pasado o 14 de febreiro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, volverá a Compostela na programación de Galicia Escena Pro.
• Trátase dunha versión de Diego Rey, que el mesmo dirixe.
• Forman parte do elenco: Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Artur Trillo e Dani Trillo
Un ano máis, e xa perdemos a conta, estaremos presentes na Feira das Industrias Culturais de Galicia, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 1, 2 e 3 de decembro.
Como xa vén sendo habitual cada ano, nos meses de outubro e novembro, damos comezo aos cursos de teatro das escolas municipais.
Este ano, os nosos monitores e monitoras de teatro: María Ordóñez, Toño Casais, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Lado e Xurxo Barcala impartirán as súas clases en Rois, Corcubión, Cee, Vimianzo, Dumbría, Muxía, Ames e Fisterra.
Como cada ano, temos unha cita cos centros de ensino de secundaria de Galicia. Desta volta, o encontro será no mes de outubro, o martes 24 e mércores 25, e representaremos os espectáculos ‘Bicos con lingua e ‘Pelos na lingua’, respectivamente. Cada día terán lugar dúas representacións, ás 10.30 h. e 12.00 h. e levaranse a cabo no Salón Teatro de Santiago de Compostela (Rúa Nova, 34).
Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez e Artur Trillo interpretan a historia do famoso maquis galego, na que ficción, mito e realidade mestúranse para propor unha reflexión sobre a xestión da derrota e da esperanza. A obra, escrita e dirixida por Candido Pazó, presentarase no Auditorio Municipal este luns 21 de agosto ás 21:30 h.