Vostede está aquí

Talía presenta en Corcubión a súa obra infantil Rosa Caramelo

  • Talía presenta en Corcubión a súa obra infantil Rosa Caramelo - Talia teatro - 527

Talía Teatro presentará este venres ás 18:30 h na Biblioteca de Corcubión o seu espectáculo infantil ‘Rosa caramelo e outras historias’. A actuación enmárcase dentro do programa “Ler conta moito” desenvolvido pola Xunta de Galicia.

Dirixida por Paula Carballeira- autora teatral, poeta e actriz-, a montaxe está protagonizada polo actor Artur Trillo. A obra, pensada para nenos de entre 4 e 8 anos de idade, achega aos máis cativos os relatos da italiana Adela Turín, que comezou a publicar a súa colección de historias fabuladas hai máis de 30 anos no seu país natal, converténdose axiña nunha serie de referencia internacional para a educación na igualdade.

Con esta montaxe, Talía Teatro leva a escena catro dos seus relatos máis populares: ‘Rosa caramelo’, ‘A historia dos bonobos con lentes’, ‘Unha feliz catástrofe’ e ‘Artur e Clementina’, todos eles publicados en galego, catalán e castelán pola editorial Kalandraka dentro da colección dedicada á autora italiana. A través destas historias, a compañía dálle a volta aos roles de xénero e os seus estereotipos, desmontando unha serie de ideas impostas e simplificadas, pero fortemente asumidas, sobre certas actitudes e aptitudes de mulleres e homes.

Engadir un novo comentario