Pelos na lingua
Morte accidental dun anarquista
Lambetadas
A parábola do angazo

O teatro non debe deixar de ser un feito lúdico. Non é política e nunca o será, pero si se pode supoñer que vai cubrir ese aspecto lúdico cunha enerxía crítica e creadoraAlfonso Sastre

 

Próximos eventos

Lambetadas - Talia teatro - 263
Xoves, 14 Maio, 2026 - 12:00
DeseXo - Talia teatro - 297
Noia, Teatro Coliseo Noela
Venres, 15 Maio, 2026 - 12:00
Santiago de Compostela, Teatro Principal
Luns, 25 Maio, 2026 - 18:30
Ribadeo, Auditorio Municipal Hernán Naval
Domingo, 31 Maio, 2026 - 20:30

Lu Ma Xo Ve Do
 
 
 
 
1
 
2
 
3
 
4
 
5
 
6
 
7
 
8
 
9
 
10
 
11
 
12
 
13
 
14
 
15
 
16
 
17
 
18
 
19
 
20
 
21
 
22
 
23
 
24
 
25
 
26
 
27
 
28
 
29
 
30
 
31
 

Campaña Escolar

 


SETE GALARDÓNS NOS PREMIOS MARÍA CASARES !!!

Estamos que botamos por fóra de contentas polos 7 galardóns de UNHA INIMIGA DO POBO nos Premios María Casares.

  • Mellor espectáculo
  • Mellor dirección: Tito Asorey
  • Mellor actriz protagonista: Marta Lado
  • Mellor actor secundario: Toño Casais
  • Mellor adaptación: Vanesa Sotelo e Tito Asorey
  • Mellor Iluminación: Laura Iturralde
  • Mellor espazo escénico: Dani Trillo

 

 

Artur Ui, o ovo da serpe regresa a Santiago dentro de Galicia Escena Pro tras a súa xira por Galicia

Despois da súa estrea na Coruña e dunha intensa xira por Galicia, Artur Ui, o ovo da serpe regresa a Santiago de Compostela da man de Galicia Escena Pro, a feira profesional das artes escénicas de Galicia que se celebra do 25 ao 28 de maio na capital galega e que reúne compañías, programadores, distribuidores e profesionais do sector arredor da creación escénica galega.

A función terá lugar o 25 de maio ás 18:30 h e Talía Teatro será unha das compañías galegas seleccionadas para presentar o seu espectáculo diante de programadores e profesionais chegados de distintos puntos do territorio.

Tras as funcións realizadas en A Coruña, Vigo, Cee, Lugo, Santiago de Compostela, Ames , a compañía continúa a xira de Artur Ui, o ovo da serpe, unha montaxe que afonda nos mecanismos do poder, a manipulación e o avance dos autoritarismos.

Baseada na obra de Bertolt Brecht, considerada unha das grandes sátiras políticas do teatro do século XX, a montaxe relata o ascenso dun líder mafioso que conquista o poder mediante a violencia, o medo e a manipulación. A historia funciona como unha parábola sobre como os autoritarismos poden medrar cando a sociedade os tolera ou decide mirar para outro lado.

Nesta versión de Talía Teatro e Quico Cadaval, o universo da obra trasládase cara ao Extremo Oriente, construíndo unha proposta estética contemporánea que mestura elegancia visual, humor, ironía e tensión dramática. A produción incorpora referencias á cultura visual oriental contemporánea para crear unha experiencia escénica impactante e profundamente actual.

O elenco de Artur Ui, o ovo da serpe está formado por Dani Trillo, Marta Lado, Toño Casais, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos, Xurxo Barcala e Artur Trillo, nun espectáculo de gran formato que implica a todo o equipo artístico e técnico de Talía Teatro.

Con esta participación en Galicia Escena Pro, Talía Teatro continúa reforzando a presenza do teatro galego nos principais espazos profesionais das artes escénicas.

 

Espectáculos

Artur Ui, o ovo da serpe
Ver máis
Un deus salvaxe
Ver máis
DeseXo - Talia teatro - 297
DeseXo
Ver máis
Unha inimiga do pobo
Ver máis
Morte accidental dun anarquista - Talia teatro - 283
Morte accidental dun anar...
Ver máis
A parábola do angazo - Talia teatro - 277
A parábola do angazo
Ver máis