Talía presenta no Teatro Colón o seu espectáculo infantil “Valentino Rufini e Âkil Pillabán de viaxe a Milán”
Roberto Salgueiro dirixe esta montaxe que ofrece unha reflexión en clave cómica sobre os estereotipos, os prexuízos e as diferenzas culturais.
A farsa, que respira da comedia da arte, está dirixida a un público familiar.
Diego Rey e Dani Trillo protagonizan a montaxe, que levarán ao Teatro Colón o domingo 2 e luns 3 de abril.